Fuente: que pasa na costa
9 mercados ecolóxicos en forma de pléiades en Quilmas
Como dunha aldea gala se tratase, os bravos da Cooperativa de Agritcultura Ecolóxica Raínha Lupa de Quilmas, vai ao seu. Mentres por na capital carnotá seguen en marcha cos seus mercados tradicionais, e xa pensa na Mostra Víndemo Ver, a cooperativa mantén o seu programa de mercados, senporsen ecolóxicos.
De feito, a entidade deixou de participar na Feira de Produtos Locais ao entender que certos produtos non son propios da terra, como o peixe de piscifactoría. Así e todo, continúan convertindo Quilmas nun oase de agricultura ecolóxica na Costa da Morte.
Se ben de xuño a setembro haberá 8 novos “Mercados Ecolóxicos pola Defensa da nosa terra”, o primeiro deste 2013 será en Semana Santa, paralela á Mostra Víndemo Ver. O venres 29 de marzo de 10:00h a 19:00h no campo da feira. Haberá produtos labregos de tempada, pero tamén oficios artesáns, produtos de cosmética e botica natural, e varios colectivos e asociación conservacionistas cos seus postos informativos.
Os mercados terán unha anfitriona moi especial. Esta burriña de 25 xenerosos anos foi acollida na Raínha Lupa en xaneiro. Quilmeña de pro, coñece ben onde están os mellores pastos, agora por fin está “xubilada”, e sae a pacer e abonar as nosas terras os días soleados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario