jueves, 8 de noviembre de 2012

UNA REALIDAD, NO SE APOYA POR LA DIPUTACION DE LA CORUÑA EL COMERCIO LOCAL Y ECOLÓGICO PARA SALIR DE LA CRISIS

Os recortes non poden coa maior feira ecolóxica de Galiza

A Deputación da Coruña decidiu non apoiar Terractiva, o máis grande evento de produtos e experiencias ecolóxicas do noso país. A 9º edición celebrarase, malia todo, do 17 ao 18 de novembro no Recinto Feiral Terra do Queixo de Arzúa.


Arzúa será a capital dos produtos ecolóxicos os días 17 e 18 de novembro coa celebración, por noveno ano consecutivo, da Feira Ecolóxica de Galiza, Terractiva. Corenta e dous postos reunirán produtoras e produtores, asociacións, empresas e colectivos que teñen como principio, como afirma a organización, "un xeito de vivir de forma máis respectuosa coa contorna e cos seus habitantes".
Nesta edición preséntanse algúns produtos innovadores e outros que contan cada vez con máis aceptación. É o caso dunha cervexa artesá ou unha cata e demostración de queixos de cabra.
A Deputación da Coruña abandona o patrocinio
A que foi unha das apostas da Deputación da Coruña por promover e dinamizar o sector da produción ecolóxica, tan importante no noso país, deixou de ser do seu interese. Vai ser o propio concello e os postos que encherán a Feira os que carguen cos custes da súa celebración. É a primeira vez que acontece esta situación mais a organización pensa que o "éxito" do evento esta asegurado desde o momento en que en poucos días xa se superou o límite de espazo físico no recinto feiral por parte do sector. "As actividades que teremos seguirán e haberá charlas, coloquios e presentacións por parte dos participantes", asegura Manuel Vicente, responsábel de Culturactiva SCG.
O "éxito" do evento esta asegurado desde o momento en que en poucos días xa se superou o límite de espazo físico no recinto feiral por parte do sector
Alimentación natural e outros
Un dos apartados con máis presenza nesta feira de Arzúa é o da alimentación. Os días 17 e 18 de novembro poderanse atopar, ademais do tradicional queixo, produtos de apicultura, castaña, chocolate, viño ou panadería-repostería. Mais tamén veremos postos sobre o agro, a crianza natural, o comercio xusto, as plantas medicinais e a cosmética natural.
Unha das empresas que terá a súa primeira experiencia en Terractiva é a Factoría Ecolóxica de Biofactory. Brother Fernández, o seu responsábel, xa participou noutras edicións e nesta, co novo proxecto, presentará xelados, queixos crema e viños ecolóxicos mencia, entre outros, feitos na Galiza e con materia prima galega. "Estamos pola produción ecolóxica e propia no país, é unha mágoa que se venda a peso fóra cando o mellor seria a transformación aquí mesmo".

fuente: XERMOS GALIZA
Paperblog

No hay comentarios:

Publicar un comentario